miércoles, 9 de mayo de 2018

NOVAS PROPOSTAS



Tendo en conta a importancia que lle damos a interdisciplinariedade á hora de traballar na aula, hoxe traemosvos unha actividade onde podemos, a través da educación artística e a educación ambiental, traballar diferentes conceptos como por exemplo a importancia de reciclar ou de cuidar o noso medio.

A actividade consistiría en amosar ao alumnado, desde un principio, diferentes obras cos seus respectivos autores da técnica artística Land-Art ou tamén coñecida como Arte-Natureza.

Unha vez interiorizado de que se trata esta nova corriente artística, os obxectos que emprega cada artista para a realización da instalación (obra artística) e as principais formas, propoñemos a saida a praia máis cercana. 
Na praia, entre todo o grupo, a idea é que se recolecten todos aqueles residuos que "escupe" o mar e que contaminan o noso ambiente, procedentes das nosas malas accións, por exemplo os plásticos.

Concienciar ao alumnado da importancia que ten cuidar o noso medio e as posibles consecuencias que se poderían dar de non facelo.

Despois desta traballo a praia de residuos que modifican de forma negativa o noso medio, na aula clasificaremos todos aqueles obxectos que recollimos (por forma, por material, etc).

Con esto estamos a comezar o traballo o dunha metodoloxía de indagación, ademais de aprender diversos conceptos relacionados coa arte, a educación ambiental e as matemáticas entre outros

Cuando teñamos todos os materiais clasificados, poderemos facer unha composición baseada nalgún dos artistas  que vimos antes da saída a praia. 






Deixámosvos aquí un par de fotografías de dúas composicións de Land-Art para que observedes que se pode utilizar a forma que máis guste. Todo é poñerse de acordo co grupo e empezar a crear grandes obras con pequeños artistas.


Ao tempo que imos de excursión a praia e tendo en conta que este proxecto nace do interese de dúas mestras de Educación Infantil e Primaria das áreas de Música e Arte, poderíanse recoller os diferentes sons que nos atopamos dende que saimos de clase ata que regresamos para poder levar a cabo o entorno sonoro que nos atopamos no espazo no que se realiza a actividade. 

Uns exemplos serían as pisadas dos alumnos e alumnas, o son do mar e do vento ou o son que fan os semáforos á hora de cruzar por un paso de peatóns.

Esperemos que as nosas ideas sirvan de axuda e aportación para as vosas aulas.

Moitas grazas por levar a cabo as nosas propostas e desfrutar con elas!!