miércoles, 13 de junio de 2018

Unha nova produción

Froito de moitísimo traballo dun grupo de rapaces e rapazas e da súa mestra Bea, dun fermoso cole na Veiga, deixámosvos un vídeo que amosa o esforzo realizado por todos e todas nestes proxectos.

Agardamos vos encante tanto coma nos encanta.

Moitísimas grazas e a celebrar o fin de curso como se merece!




miércoles, 9 de mayo de 2018

NOVAS PROPOSTAS



Tendo en conta a importancia que lle damos a interdisciplinariedade á hora de traballar na aula, hoxe traemosvos unha actividade onde podemos, a través da educación artística e a educación ambiental, traballar diferentes conceptos como por exemplo a importancia de reciclar ou de cuidar o noso medio.

A actividade consistiría en amosar ao alumnado, desde un principio, diferentes obras cos seus respectivos autores da técnica artística Land-Art ou tamén coñecida como Arte-Natureza.

Unha vez interiorizado de que se trata esta nova corriente artística, os obxectos que emprega cada artista para a realización da instalación (obra artística) e as principais formas, propoñemos a saida a praia máis cercana. 
Na praia, entre todo o grupo, a idea é que se recolecten todos aqueles residuos que "escupe" o mar e que contaminan o noso ambiente, procedentes das nosas malas accións, por exemplo os plásticos.

Concienciar ao alumnado da importancia que ten cuidar o noso medio e as posibles consecuencias que se poderían dar de non facelo.

Despois desta traballo a praia de residuos que modifican de forma negativa o noso medio, na aula clasificaremos todos aqueles obxectos que recollimos (por forma, por material, etc).

Con esto estamos a comezar o traballo o dunha metodoloxía de indagación, ademais de aprender diversos conceptos relacionados coa arte, a educación ambiental e as matemáticas entre outros

Cuando teñamos todos os materiais clasificados, poderemos facer unha composición baseada nalgún dos artistas  que vimos antes da saída a praia. 






Deixámosvos aquí un par de fotografías de dúas composicións de Land-Art para que observedes que se pode utilizar a forma que máis guste. Todo é poñerse de acordo co grupo e empezar a crear grandes obras con pequeños artistas.


Ao tempo que imos de excursión a praia e tendo en conta que este proxecto nace do interese de dúas mestras de Educación Infantil e Primaria das áreas de Música e Arte, poderíanse recoller os diferentes sons que nos atopamos dende que saimos de clase ata que regresamos para poder levar a cabo o entorno sonoro que nos atopamos no espazo no que se realiza a actividade. 

Uns exemplos serían as pisadas dos alumnos e alumnas, o son do mar e do vento ou o son que fan os semáforos á hora de cruzar por un paso de peatóns.

Esperemos que as nosas ideas sirvan de axuda e aportación para as vosas aulas.

Moitas grazas por levar a cabo as nosas propostas e desfrutar con elas!!




viernes, 27 de abril de 2018

A vosa primeira OBRA DE ARTE

Para rematar este venres con moi bo pé y comenzar unha fin de semana algo máis alongada, pode ser... para ler, conversar, visitar... e todo o que desexedes desfrutar... amosámosvos a fermosa obra duns nenos e nenas e da mestra Alejandra do CEIP San Francisco Xabier da Coruña.

Moitísimas moitísimas grazas por unirvos a este pequeno proxecto con tantas ganas e cariño.


miércoles, 25 de abril de 2018

Material recomendado

Bos días! 

Como van esas obras de arte?

Xa comezan a chegar algunhas e... vaia emoción e adicación que amosades nelas! Nuns días comezaremos coa exposición por medio deste blogue. 


Agora vos queríamos falar dunha nova adquisición que nos autoagasallamos o pasado luns, o Día do Libro, como xa sabedes. Tivemos a sorte de atopar esta fermosa obra, chamada Música alrededor, de Gema Sirvent con ilustracións da marabillosa Lucía Cobo.

Convidámosvos a que a busquedes nalgunha biblioteca ou a recomendedes para mercar a alguén do voso entorno, ou que os fagades con ela xa que é unha historia fermosísima dunha nena chamada Sofía e o título da moitas pistas. As ilustracións son unha fermosura e pódevos inspirar para as vosas creacións artísticas. Se entrades na editorial da obra podedes atopar algunha sorpresiña a maiores. 


Nolas dúas temos unha Sofía xa no noso corazón e algo lonxe pero nos lembramos moitísimo dela. 

Moitos biquiños querida Sofi e persegue os teus soños! 

martes, 17 de abril de 2018

RECURSOS DA ÁREA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA

Consideramos moi factible facer esta actividade dunha forma interdisciplinar traballando ademáis de coa área de Educación Musical tamén coa de Educación artística.

Aquí deixamos algúns dos recursos que poderiades utilizar, ainda que non é obrigatorio que os utilidades todos, simplemente é para que teñades unha guía e  podades utilizar todo o que se vos ocurra.


Tendo en conta experiencias educativas reais, a cinta de carroceiro que se emprega comúnmente para pintar, é un bo recurso tanto para Educación Infantil como para Primaria. Dependendo de cómo se propoña a actividade pódese traballar difentes conceptos como por exemplo o equilibrio, a lectoescritura, a expresión corporal, entre outros.


A performance é utilizada para traballar, falar e expresarnos a través do noso corpo. Non ten un guión establecido e tampouco é algo que teña unha consecución narrativa, senón que se trata dunha experiencia multisensorial onde os nenos e nenas van xogar cos cinco sentidos,especialmente co audiovisual, ca materia e o tacto, entre moitos outros.


Aquí vos deixámos un enlace de Esther Ferrer, autora da Performance ''Se hace camino al andar'' na cal poderes basar a cosas experiencias na aula e sacar alguna idea.


https://www.youtube.com/watch?v=QL87I_GzWII


Por outro lado, ademáis da performance cremos que o concepto de Land-Art ou tamén coñecido como Arte Natureza, pode dar bastante xogo á hora de recoller os sons para os entornos sonoros.


Sería ideal, ainda que sabemos que o tempo xoga en contra, que os propios menos recolleran diferentes elementos pertencentes á natureza como por exemplo: paos, cunchas, pedras, terra, follas, etc. pero sempre sen dañar a natureza, é dicir, que se poden recoller todos aqueles elementos naturais que se atopan no chan, que o mar escupiu.

 Nunca se collera una folla dunha árbore e moito menos arrincaremos ramas dunha das mesmas.

Á hora de facer una estas obras artísticas, os elementos naturais non poderán ser modificados, é dicir, se queremos facer un círculo con ramiñas que caeron dunha árbore, temos que buscarlle a colocación máis axeitada pero nunca poderemos partir a rama para que nos coincida mellor na composición que estamos a facer.


Algúns dos artistas máis recoñecidos do Land-Art son Richard Long, Nils Udo ou Andy Goldsworthy, entre mottos outros.



Existen tres liñas de acción dentro do Land Art:



  1. Intervir na natureza cos propios elementos da natureza na que os seus referentes artísticos máis destacados son Richard Long e Nils Udo.
  1. Intervir nun espazo ou entorno específico para a realización dunha instalación determinada (con materiais alleos á natureza) e pensada para un tempo limitado. Artistas referentes: Walter de María, Nancy Colt, entre outros, son algúns dos artistas que traballan con esta liña de acción.
  1. Traballar a realización natureza co eu, co propio corpo. Ademáis de Land-Art, tamén destaca o Body-Art ou o Arte-proceso: Giusseppe Penone, Ana Mendieta o Lygya Clark son algúns dos artistas que utilizan este tipo de arte
A continuación deixamosvos un video sobre esta técnica para que, como na performance, teñades unha pauta para que vos sirva de guía.

https://www.youtube.com/watch?v=6koPeWqrYho


https://www.youtube.com/watch?v=A5v7m0G3AA8


Recordar que tanto a Performance como o Land-Art trátase dun tipo de arte efímero.


Un bonito exemplo

Como van eses contos??

Estades facendo marabillas polo que nos están contando. 👀

Por se necesitades algunha pequena axuda... deixámosvos este enlace a un precioso conto de Judith Akoschky, non vai traballado na plástica pero para o xeito de contar e ambientar é un moi bo recurso.

Cuento de Medianoche de Jodith Akoschky😆

E se queredes investigar máis de Judith Akoschky... deixámosvos este link

 Judith Akoschky

martes, 10 de abril de 2018

Pequenas suxerencias de actividades

Bos días a tod@s!

Aquí deixamos unha pequena aportación de pequenas suxerencias de actividades previas para o noso proxecto.

Agardamos sexan do voso agrado e xa sabedes, se algo precisades ou queredes aportar... aquí estamos, a vosa disposición!

Moitísimas grazas e saúdos.


PEQUENA SUXERENCIA DE ACTIVIDADES:
- Pensar en sons da nosa contorna asociados ao inverno, o mar, os bosques, a cidade...
- Salir da clase e gravar sons a partires dunha foto do entorno.
- Comparar os sons duns lugares cos de outros lugares: por exemplo, os da cidade fronte a os do campo.
- Crear unha pequena partitura non convencional dos sons e dos ruídos que escoitamos.
- Cantar cancións dos temas que estamos a tratar con e sin onomatopeas, a ver cal nos gusta máis.
...



Adiante e con ilusión! Os contos recontos vos agardan!