miércoles, 25 de abril de 2018

Material recomendado

Bos días! 

Como van esas obras de arte?

Xa comezan a chegar algunhas e... vaia emoción e adicación que amosades nelas! Nuns días comezaremos coa exposición por medio deste blogue. 


Agora vos queríamos falar dunha nova adquisición que nos autoagasallamos o pasado luns, o Día do Libro, como xa sabedes. Tivemos a sorte de atopar esta fermosa obra, chamada Música alrededor, de Gema Sirvent con ilustracións da marabillosa Lucía Cobo.

Convidámosvos a que a busquedes nalgunha biblioteca ou a recomendedes para mercar a alguén do voso entorno, ou que os fagades con ela xa que é unha historia fermosísima dunha nena chamada Sofía e o título da moitas pistas. As ilustracións son unha fermosura e pódevos inspirar para as vosas creacións artísticas. Se entrades na editorial da obra podedes atopar algunha sorpresiña a maiores. 


Nolas dúas temos unha Sofía xa no noso corazón e algo lonxe pero nos lembramos moitísimo dela. 

Moitos biquiños querida Sofi e persegue os teus soños! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario