Aquí deixamos algúns dos recursos que poderiades utilizar, ainda que non é obrigatorio que os utilidades todos, simplemente é para que teñades unha guía e podades utilizar todo o que se vos ocurra.
Tendo en conta experiencias educativas reais, a cinta de carroceiro que se emprega comúnmente para pintar, é un bo recurso tanto para Educación Infantil como para Primaria. Dependendo de cómo se propoña a actividade pódese traballar difentes conceptos como por exemplo o equilibrio, a lectoescritura, a expresión corporal, entre outros.
A performance é utilizada para traballar, falar e expresarnos a través do noso corpo. Non ten un guión establecido e tampouco é algo que teña unha consecución narrativa, senón que se trata dunha experiencia multisensorial onde os nenos e nenas van xogar cos cinco sentidos,especialmente co audiovisual, ca materia e o tacto, entre moitos outros.
Aquí vos deixámos un enlace de Esther Ferrer, autora da Performance ''Se hace camino al andar'' na cal poderes basar a cosas experiencias na aula e sacar alguna idea.
https://www.youtube.com/watch?v=QL87I_GzWII
Por outro lado, ademáis da performance cremos que o concepto de Land-Art ou tamén coñecido como Arte Natureza, pode dar bastante xogo á hora de recoller os sons para os entornos sonoros.
Sería ideal, ainda que sabemos que o tempo xoga en contra, que os propios menos recolleran diferentes elementos pertencentes á natureza como por exemplo: paos, cunchas, pedras, terra, follas, etc. pero sempre sen dañar a natureza, é dicir, que se poden recoller todos aqueles elementos naturais que se atopan no chan, que o mar escupiu.
Nunca se collera una folla dunha árbore e moito menos arrincaremos ramas dunha das mesmas.
Á hora de facer una estas obras artísticas, os elementos naturais non poderán ser modificados, é dicir, se queremos facer un círculo con ramiñas que caeron dunha árbore, temos que buscarlle a colocación máis axeitada pero nunca poderemos partir a rama para que nos coincida mellor na composición que estamos a facer.
Algúns dos artistas máis recoñecidos do Land-Art son Richard Long, Nils Udo ou Andy Goldsworthy, entre mottos outros.
Existen tres liñas de acción dentro do Land Art:
- Intervir na natureza cos propios elementos da natureza na que os seus referentes artísticos máis destacados son Richard Long e Nils Udo.
- Intervir nun espazo ou entorno específico para a realización dunha instalación determinada (con materiais alleos á natureza) e pensada para un tempo limitado. Artistas referentes: Walter de María, Nancy Colt, entre outros, son algúns dos artistas que traballan con esta liña de acción.
- Traballar a realización natureza co eu, co propio corpo. Ademáis de Land-Art, tamén destaca o Body-Art ou o Arte-proceso: Giusseppe Penone, Ana Mendieta o Lygya Clark son algúns dos artistas que utilizan este tipo de arte
https://www.youtube.com/watch?v=6koPeWqrYho
https://www.youtube.com/watch?v=A5v7m0G3AA8
Recordar que tanto a Performance como o Land-Art trátase dun tipo de arte efímero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario