lunes, 2 de abril de 2018

Comezamos a aventura!


Animádesvos a recontar algún conto doutro xeito?


COMO XURDIU A IDEA?


Na materia de técnicas e recursos para o ensino musical estamos a traballar con paisaxes e entornos sonoros e nós desfrutamos dende sempre cos contos e as artes plásticas, polo que … por que non unilo todo?

PARA OS/AS MESTRES/AS.


Primeiramente, agradecer a vosa contribución que aínda que pensedes que pode ser escasa, pasiño a pasiño, farase un bo camiño.

Agora, toca o turno de presentarse, somos dúas mestras moi inquedas que estamos rematando un Master en Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Como parte dun traballo, desexamos facer algo que sexa aplicable e froito dunha contribución activa por parte dunha ampla comunidade escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario